DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2010 Páx. 12.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2010 pola que se procede á publicación da lista de espera definitiva das axudas do Programa Ángeles Alvariño, nova adxudicación 2009, que deixa sen efecto a publicada como anexo II da Resolución do 30 de decembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2010), pola que se adxudican as axudas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2006-2010) para o ano 2009, convocadas pola Orde do 24 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 189, do 25 de setembro).

A Resolución do 30 de decembro de 2009 (DOG nº 7, do 13 de xaneiro de 2010), no seu punto segundo, establece unha lista de espera correspondente ás axudas do Programa Ángeles Alvariño para, de ser o caso determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no seu anexo II. Así mesmo, o punto vixésimo primeiro establece que contra a resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria.

Resoltos os recursos de reposición interpostos contra a Resolución do 30 de decembro de 2009, a estimación parcial dos recursos de Mª Luz Rodríguez Blanco e Carlota C. Fernández Travieso, ben que non modifica a relación de solicitantes que figuran na lista de espera, altera a puntuación total e a orde de preferencia para as adxudicacións, polo que procede publicar a lista de espera definitiva das axudas do Programa Ángeles Alvariño (anexo II da Resolución do 30 de decembro de 2009), que recolle as referidas alteracións de orde na lista de solicitantes.

Na súa virtude, esta consellería,

RESOLVE:

Único.-Publicar no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución a lista de espera definitiva das axudas do Programa Ángeles Alvariño, nova adxudicación do ano 2009, que deixa sen efecto a publicada como anexo II da Resolución do 30 de decembro de 2009 (DOG nº 7, do 13 de xaneiro de 2010).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87, do 6 de maio)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economia

e Industria

Ver referencia pdf "13200D003P012.PDF"