DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RODEIRO

EDICTO.

Manuel González López, en representación de Explotaciones Porcinas Achacan, S.C., solicitou desta Alcaldía licenza municipal para apertura de explotación porcina, para situar no lugar de Aboldrón, parroquia de Camba, cumprindo o disposto polo Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Rodeiro, 10 de xuño de 2010.

José Benito Vence Deza

Alcalde