DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 3 de xuño de 2010, adoptou entre otros, o seguinte acordo:

1º Aprobar inicialmente o estudo de detalle da AR 36-N Campo de Santiago, redactado de oficio pola adxudicataria Mario Crecente Asociados Consultores. E serán de obrigatorio cumprimento os aspectos sinalados no informe do Servizo de Enxeñaría do 14 de maio de 2010, que deberán reflectirse no documento refundido que se presente para a aprobación definitiva.

2º Sometelo a información pública durante o prazo mínimo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e con notificación individualizada a todos os propietarios do ámbito.

3º Notificarlles este acordo aos interesados informándo os de que contra este acordo, por ser acto de trámite, non cabe a interposición de ningún recurso, sen prexuízo de que a oposición a el poida ser considerado na resolución que poña fin ao procedemento.

Ourense, 14 de xuño de 2010.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde presidente