DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ACORDO do 17 de xuño de 2010, da Xunta de Goberno, polo que se anuncia a convocatoria de subvencións para a rehabilitación de vivendas e edificios nas ARI do núcleo histórico de Ourense e do núcleo etnográfico de Seixalbo (anualidades 2010-2011-2012).

1. Entidade subvencionadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia en que se tramita o expediente: Servizo de Rehabilitación, Vivenda Pública e PERI.

1.3. Número de expediente: 847/2010.

2. Obxecto da subvención.

2.1. Descrición do obxecto: concesión de axudas para a rehabilitación de vivendas e/ou edificios dentro da área de rehabilitación do conxunto histórico-artístico de Ourense e do núcleo etnográfico de Seixalbo con base nos convenios de colaboración subscritos entre o Ministerio de Vivenda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Ourense.

3. Presentación das solicitudes de axudas.

3.1. Prazo de presentación das solicitudes as solicitudes de axuda poderanse presentar desde a publicación no DOG ata o 31 de decembro de 2011.

3.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 17 das bases.

3.3. Lugar de presentación: no Rexistro Xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior, 1 (sábados hábiles na rúa Victoria Kent, 1), das 9.00 ás 13.00 horas. tamén se poderán presentar a través dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

3.4. Localidade: Ourense.

4. Beneficios das axudas.

4.1. Poderán solicitar estas axudas:

Os propietarios e usufrutuarios de vivendas ou edificios destinados a vivendas, así como os arrendatarios (con contrato de aluguer visado pola delegación provincial da consellería e con depósito de fianza) ou titulares dalgún dereito de uso sobre eles que teñan autorización da propiedade para acometer as obras, sempre e cando a vivenda constitúa domicilio habitual.

Os propietarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre os edificios cando se trate de axudas á rehabilitación de elementos comúns dos edificios.

Os titulares de vivendas desocupadas sempre e cando se comprometan a ocupalas eles mesmos, a transmitirlas ou cedelas en arrendamento ou de calquera outro xeito legalmente admisible como residencia habitual e permanente, no prazo máximo de 6 meses desde a finalización das obras. Neste caso a concesión da axuda quedará condicionada á efectiva ocupación das vivendas no dito prazo, que poderá ser prorrogado ata un año, por solicitude do interesado, cando medie causa xustificada.

Os edificios ou vivendas que obteñan a subvención non poderán venderse ata pasados cinco anos desde o remate das obras (artigo 54 do Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, e artigo 53 do Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro).

Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas que incorran nos supostos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de galicia.

Terán as obrigas sinaladas nos artigos 11 e 12 da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Infórmase aos beneficiarios da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

A solicitude de axudas significa a aceptación destas bases.

5. Criterios.

5.1. As axudas outorgaranse de acordo cos seguintes criterios:

a) Obras rematadas con anterioridade á publicación destas bases, e xa inspeccionadas por técnicos municipais que no obtiveron axuda por ter esgotados os créditos dispoñibles previstos en anteriores convocatorias.

b) Antigüidade da solicitude.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Servizo de Rehabilitación, Vivenda Pública e PERI.

6.2. Enderezo: rúa Primavera, nº 1.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 36 62 35.

6.5. Correo electrónico: ofperi@ourense.es

6.6. Web: www.ourense.es

7. Outras informacións.

7.1. As bases destas axudas están na páxina web do Concello de Ourense (www.ourense.es), na epígrafe perfil de contratante-Anuncios de contratación.

7.2. Máis información: Servizo de Rehabilitación, Vivenda Pública e PERI.

Ourense, 17 de xuño de 2010.

Andrés García Mata

Tenente de alcalde