DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, faise público que José Rial Tubío, en representación de Talleres Noia, S.L., solicita licenza para adaptación dunha nave destinada a exposición de coches, no lugar da Granxa, nº 5, A Rasa, Noia e que durante o período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao de inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, todos os interesados poderán consultar o expediente e formular as reclamacións ou observacións que estimen oportunas. O expediente poderá consultarse no Negociado de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Noia, 10 de maio de 2010.

Rafael García Guerrero

Alcalde