DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

EDICTO.

José Ameal Ameal, en representación de Ameal Güimil, S.L., solicitou desta Aalcaldía licenza municipal para a legalización da actividade de local en planta baixa para supermercado e obras menores para axustalo á normativa, situado na rúa 5 e rúa 6 de Santa Lucía de Moraña. En cumprimento do disposto no artigo 8.1º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividad que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Moraña, 2 de xuño de 2010.

José A. Eiras Paz

Alcalde