DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 7 de xuño de 2010, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación Centro Sur-7 (rúa Senador Jacinto Calvo) do PXOU vixente, promovido por José Bouto Alvite, en representación de Cysem, S.L. e Cysem Odegal, S.L.

O acordo de aprobación definitiva da citada modificación do plan especial foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con data do 15 de xuño de 2010, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 16 de xuño de 2010.

P.D. (Decreto alcaldía 74/2008)

María Novo Pena Luis Regal Pavón

Delegada da área Secretario xeral

de Urbanismo do Pleno