DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de información pública.

María del Carmen Rodríguez Álvarez solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación de comercio por xunto de produtos farmacéuticos, medicamentos e preparados dietéticos, con acceso de vehículos para carga e descarga na rúa dos Artesáns s/n, local 18 (Complexo San Cristóbal).

Cumprindo o disposto no número 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este período -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto-, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Lugo, 4 de xuño de 2010.

María Novo Pena

Delegada da Área de Urbanismo