DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORISTANCO

ANUNCIO.

Por Decreto de Alcaldía do 18-6-2010 acordouse rectificar os pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación da subministración dunha retroescavadora con destino ao Concello de Coristanco e retrotraer o procedemento ao momento da convocatoria para licitación con reapertura do prazo para presentación de propostas, o que se publica para os efectos oportunos.

Cadro de características del contrato.

1. Denominación do contrato:

Adquisición de máquina retroescavadora.

2. Orzamento base de licitación: 144.000 euros.

124.137,93 euros (orzamento base sen IVE).

19.862,07 euros (IVE).

3. Aplicación orzamentaria:

454.S5.623.01.

4. Prazo de entrega mínimo:

1 mes.

5. Clasificación:

Non se exixe.

6. Criterios de adxudicación:

-Melloras: 40 puntos.

-Asistencia técnica (garantía, medios técnicos, servicio posvenda): 30 puntos.

-Prazo de entrega: 20 puntos.

-Prezo: 10 puntos.

7. Revisión de prezos:

Non.

8. Importe máximo de gastos de publicidade:

Non.

9. Garantías:

Definitiva: 5%.

10. Lugar de presentación de proposicines:

As proposicións presentaranse das 9.00 ás 13.00 no Rexistro Xeral de Entrada deste concello, en man ou por correo, neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro.

11. Prazo de presentación de proposicións:

8 días naturais.

12. Perfil de contratante:

Enderezo páxina web:

www.concellocoristanco.es/licitacions.html

Coristanco, 18 de xuño de 2010.

Antonio Pensado Plágaro

Alcalde presidente