DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

EDICTO.

Luis Lamas Novo, en representación da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama), solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de microplanta de trasferencia de RSU, que se situará no Parque Empresarial Becerreá. Cumprindo o disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Becerreá, 29 de xuño de 2010.

Manuel Martínez Núñez

Alcalde