DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2010, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se corrixen erros no anuncio do expediente AB-CHP1-10-024 en que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo de transporte intercentros de persoas e mercadorías lixeiras entre o Hospital Provincial (Loureiro Crespo número 2) e o Hospital Montecelo (Mourente s/n), centros dependentes deste complexo hospitalario.

Advertidos erros nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas do expediente de contratación indicado cuxo anuncio foi publicado no DOG nº 118, do 23 de xuño de 2010, cómpre facer as seguintes modificacións:

Nos números 3.1.1, 3.1.2 e 3.1.3 do prego de cláusulas administrativas, onde di: «o valor estimado do contrato para os efectos do establecido no artigo 76 da LCSP é de: cento sesenta e oito mil novecentos sesenta e catro euros (168.964,00 €), IVE non incluído».

Debe dicir: «o valor estimado do contrato para os efectos do establecido no artigo 76 da LCSP é de: cento oitenta e un mil catrocentos oitenta e un euros con corenta e oito céntimos (181.481,48 €), IVE non incluído».

Onde di: «o orzamento máximo de licitación é de: oitenta e catro mil catrocentos oitenta e dous euros (84.482,00 €) sen IVE, o IVE ao 18% é de: quince mil douscentos seis euros con setenta e seis céntimos (15.206,76 €) e o orzamento total de noventa e nove mil seiscentos oitenta e oito euros con setenta e seis céntimos de euro (99.688,76 €), con IVE incluído».

Ver referencia pdf "12900D033P067.PDF"

Debe dicir: «o orzamento máximo de licitación é de: noventa mil setecentos corenta euros con setenta e catro céntimos (90.740,74 €) sen IVE, o IVE ao 8% é de: sete mil douscentos cincuenta e nove euros con vinte e seis céntimos (7.259,26 €) e o orzamento total de noventa e oito mil euros (98.000,00 €), con IVE incluído».

Ver referencia pdf "12900D033P067.PDF"

No número 6.4.1 do prego de cláusulas administrativas, onde di: «(Sendo POE a puntuación que se lle asigna ao criterio do prezo, neste caso 60 puntos)».

Debe dicir: «(Sendo POE a puntuación que se lle asigna ao criterio do prezo, neste caso 80 puntos)».

No punto 8 do prego de prescripcións técnicas onde di: «40.000 euros, IVE incluído».

Debe dicir: «49.000 euros, IVE incluído».

Estas modificacións afectan o prazo de presentación de ofertas previsto na Resolución do 24 de maio de 2010, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, polo que se abre un novo prazo de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Pontevedra, 25 de xuño de 2010.

José Manuel González Álvarez

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra