DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de xuño de 2010 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto ordinario e multicriterio, para a adxudicación do contrato de obras de urbanización e construción de 25 vivendas de protección pública en Vilamarín (Ourense). (Expediente OU-2006/020).

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 29 de xuño, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 11.895, no título da resolución, na alínea 5ª, onde di: «...obras de urbanización e construción de 25 vivendas de promoción pública...», debe dicir: «...obras de urbanización e construción de 27 vivendas de promoción pública...».

Na páxina 11.895, no punto 2.- a), onde di: «descrición do obxecto: urbanización e construción de 25 VPP en Vilamarín. Ourense», debe dicir «descrición do obxecto: urbanización e construción de 27 VPP en Vilamarín. Ourense».