DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 22 de xuño de 2010 de emprazamento para trámite de audiencia, devolta polo servizo de correos por resultar o seu domicilio descoñecido.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2009/97-0, a Alejandro Alonso Salgueiro, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar na praia da Noiva, en Saiáns, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na citada Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar o expediente.

Durante este prazo poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2010.

María Martínez Allegue

Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística