DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2010 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, do servizo para a elaboración do estudo preliminar do risco de inundacións en Galicia Costa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: OH088291SV.

2.-Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: estudo preliminar do risco de inundacións en Galicia Costa.

b) Lugar de execución: Galicia.

c) Prazo de execución (meses): catorce (14).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta variois criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: orzamento base de 252.483 euros r 45.446,94 euros correspondente ao IVE t 297.929,94 euros.

5. Garantía provisional: 3% do orzamento de licitación excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, nº 7-9.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95/981 54 45 58.

e) Telefax: 981 95 75 99/981 54 16 76.

f) Perfil do contratante:

http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm

g) Data límite de obtención de documentos e información: 9 de agosto de 2010, ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: soamente para empresas comunitarias non españolas non clasificadas a solvencia económica e financiera acreditarase polos medios establecidos no artigo 64.1º, letra a), da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público; a solvencia técnica e profesional será acreditada polos medios establecidos no artigo 67, letra a) da mesma lei.

8.-Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 10 de agosto de 2010, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ao concurso.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións técnicas (sobre B).

a) Entidade: Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 8 de setembro de 2010.

e) Hora: 9.15 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: 5% do orzamento de licitación excluído o IVE.

Apertura do sobre A: terá lugar a apertura do sobre A (documentación persoal) o día 1 de setembro de 2010, ás 9.15 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

Data de envío do anuncio ao DOUE: 2 de xullo de 2010.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14491

Para máis información, ponse á disposición o seguinte enderezo de correo electrónico:

contratación.augasdegalicia@xunta.es

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2010.

Ethel María Vázquez Mourelle

Presidenta de Augas de Galicia