De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico Administrativo do departamento territorial, sito na rolda da Muralla nº 70-baixo 1º de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 11 de xuño de 2010.
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-PES-2010/46.
Interesado: Óscar López Rodríguez.
Acto notificado: acordo de incoación do procedemento sancionador.