DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 15 de xuño de 2010, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación de expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Pol, a favor dos veciños de Pol, no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Monte Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar con data do 20 de outubro de 2009, iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: O Carballiño.

Denominación do monte: Comunal de Pol.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Pol.

Superficie total: 26,6 has.

Monte de Pol.

Superficie: 26,6 has.

Lindeiros:

Norte: lugar de Pol de Piteira, camiño e predios particulares de: Modesto Taboada Vázquez; Antonio Pérez Covelo; Jesús García Villanueva; Manuel Vázquez Vázquez; Manuel Rodríguez Rodríguez; Valentina Pérez García; Eladio Rodríguez Piteira; Hnos. Pérez Romero; María Carmen González; Fina González Barroso; Carmen Vázquez Lorenzo; Concepción Muleiro Nóvoa; Hnos. Benito Blanco Calvo; Aurelio Lois Romero; Adolfo Rodríguez Rodríguez; Carmen Rodríguez Mosquera; Herminio Francisco; Carmen Cabo Valeiras; Hnos. Martínez Rodríguez; Antonio Vázquez Vázquez; Juan Luis Romero Lorenzo.

Sur: Río Arenteiro e predios particulares de: Manuel Rodríguez Lorenzo; María Ángeles Rodríguez; Eladio Rodríguez Piteira; Hnos. Pérez Romero; Benilde Villanueva Rodríguez; Carmen Mosquera Rodríguez; Pilar González Rodríguez; Carmen Mosquera Rodríguez; Familia Fumega García; María Rosa Muleiro Novoa; Hnos. Teresa Rodríguez; Teresa Veiga Lorenzo; María Ángeles Rodríguez; Eladio Rodríguez Piteira; Emilio Rodríguez Rodríguez.

Leste: Río Arenteiro.

Oeste: lugar de Carballeda de Piteira e comunal de Carballeda de Piteira.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que estimen convenientes así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 15 de xuño de 2010.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense