DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 9 de xuño de 2010, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte denominado Monte de Seixas solicitado a favor dos veciños do lugar de Seixas, parroquia de Sanguiñedo, do concello de Dozón.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra ditou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente: Gerardo Zugasti Enrique.

Vogais: Enrique Martínez Chamorro (xefe do Servizo de Montes), Víctor Abelleira Argibay (representante colexio de avogados da provincia), Lorena Peiteado Pérez (letrada da Xunta de Galicia), X. Carlos Morgade Martínez (representante das CMVMC da provincia).

Vogais representantes dos veciños do lugar de Seixas: Vidal Lalín Vázquez, Antonio Presas González.

Secretaria: Ana Belén Fernández Dopazo.

Na cidade de Pontevedra, sendo as 17.30 h do día 7-6-2010, coa asistencia das persoas á marxe citadas, reúnese na 2ª planta do edificio administrativo, sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir, entre outros asuntos, sobre a clasificación do monte denominado Monte de Seixas solicitado a favor dos veciños do lugar de Seixas, parroquia de Sanguiñedo, concello de Dozón.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data de entrada do 19 de decembro de 2007, Vidal Lalín Vázquez, actuando en nome e representación dos veciños do lugar de Seixas, presenta solicitude de iniciación de expediente de clasificación do monte denominado Seixas como veciñal en man común a favor dos veciños do lugar de Seixas, da parroquia de Sanguiñedo, concello de Dozón, xuntando anexo topográfico, relación de estremeiros, relación alfanumérica, documentación gráfica e documentación histórica.

Segundo.-O Xurado Provincial de Montes en Man Común de Pontevedra acordou, logo da emenda da documentación requirida, en sesión do 19 de febreiro de 2009, incoar o corresponde expediente de clasificación do devandito monte.

Terceiro.-De conformidade co establecido no artigo 20 do Decreto 260/1992, solicita informe preceptivo do Servizo de Montes e Industrias Forestais, que é recibido polo Xurado de Montes con data do 9 de xuño de 2009, e do que convén salientar as observacións realizadas en relación coa situación e co estado das parcelas afectadas pola clasificación:

a) Parcela 1 Silva: observacións: esta parcela superponse na metade aproximadamente coa parcela denominada A Silva, de superficie 5,98 ha, solicitada a favor do MVMC «Dos croios e outros», solicitada pola CMVM da Xesta, en Lalín, con data do 4 de agosto de 2006.(...)

b) Parcela 3 Agro de Seixas: observacións: esta parcela superponse pola zona sur, en 1,00 aproximadamente coa parcela C solicitada polos veciños de Sanguiñedo (Dozón), e que segundo o edicto do 17 de abril de 2009, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, saíu unha parte excluída da clasificación do MVMC de Sanguiñedo, alegando uso conxunto entre os veciños de Sanguiñedo e os de Seixas.

Cuarto.-O Rexistro da Propiedade de Lalín certifica, con data do 13 de xullo de 2009, que o monte solicitado non figura inscrito a nome de ningunha persoa.

Quinto.-Á vista da documentación presentada polo solicitante e o informe do Servizo de Montes, o monte obxecto do presente expediente obedece á seguinte descrición:

Concello: Dozón.

Parroquia: Sanguiñedo.

Nome do monte: parcela 1 (polígono 353, parcela 490) ao sur do camiño do Cabo do Agro.

Cabida: 11.0589 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte e leste:

Camiño do Cabo do Agro e monte veciñal de Seixas

Sur:

59 Paz Enríquez Rodríguez

299 Amparo Varela Gutiérrez

300 Paz Enríquez Rodríguez

308 Francisco García López

306 Francisco Crespo Gutiérrez

33 Manuel García López

Parcela nº 1 (polígono 353-parcela 311) ao norte do camino do Cabo do Agro.

Lindes:

Norte:

Propiedade de veciño do termo de Lalín

Río de Seixas

Leste:

493 Paz Enríquez Rodríguez

Río de Seixas

Sur:

315 Francisco García López

491 Francisco García López

227 Paz Enríquez Rodríguez

229 Francisco Crespo Gutiérrez

230 Ramón Manuel e Francisco García López

232 Paz Enríquez Rodríguez

233 Francisco Crespo Gutiérrez

234 Ramón Manuel e Francisco García López

236 Francisco García López

284 Antonio Presas González

285 Ramón Manuel e Francisco García López

286 Antonio Presas González

287 Paz Enríquez Rodríguez

289 Francisco Crespo Gutiérrez

291 Paz Enríquez Rodríguez

492 Ramón Manuel e Francisco García López

Camiño do Cabo do Agro

316 Ramón Manuel e Francisco García López

Nome do monte: parcela nº 2 (polígono 253-parcela 902) situada ao sur-oeste da pista a Sanguiñedo.

Cabida: 19.1571 ha (superficie alegada na solicitude).

Norte:

Pista de Sanguiñedo

887 Amparo Varela Gutiérrez

886 Remedios Pájaro González e Concepción Trabazo

885 Amparo Varela Gutiérrez

884 Paz Enríquez Rodríguez

883 Antonio Presas González

881 Remedios Pájaro González e Concepción Trabazo

Leste:

Pista de Sanguiñedo

Sur:

406 Manuela Mª Pacita Rodríguez Presas

405 José Antonio Rodríguez Presas

404 José Rodríguez Calvo

403 José Mª Rodríguez Iglesias

402 Juan Pájaro Fernández

401 Adelaida Esther Gutiérrez Calvo

509 Monte Comunal de Sanguiñedo

Leste:

860 Paz Enríquez Rodríguez

859 Ramón Manuel e Francisco García López

858 Amparo Varela Gutiérrez

857 Paz Enríquez Rodríguez

856 Ramón Manuel e Francisco García López

855 Amparo Varela Gutiérrez

854 Antonio Presas González

853 Paz Enríquez Rodríguez

852 Amparo Varela Gutiérrez

851 Ramón Manuel e Francisco García López

664 Amparo Varela Gutiérrez

662 Paz Enríquez Rodríguez

880 Remedios Pájaro González e Concepción Trabazo

879 Amparo Varela Gutiérrez

878 Remedios Pájaro González y Concepción Trabazo

877 Francisco Crespo Gutiérrez

876 Remedios Pájaro González e Concepción Trabazo

874 Amparo Varela Gutiérrez

Parcela nº 2 (polígono 253) situada ao leste da pista a Sanguiñedo.

Norte:

Camiño

Leste:

777 Francisco Crespo Gutiérrez

772 Ramón García López

773 Alicia Mundín Fernández

775 Antonio Presas Gónzalez

774 Ramón García López

776 Antonio Presas González

780 Paz Enríquez Rodríguez

782 Francisco e Manuel García López

Sur:

Monte comunal de Sanguiñedo

Oeste:

Pista de Sanguiñedo

Parcela nº 3 (polígono 253-parcela 673).

Cabida: 24.4369 ha (superficie alegada na solicitude).

Norte:

648 Rosalía Varela Cacheda

660 Paz Enríquez Rodríguez

888 Manuel García López

Leste:

Pista de Sanguiñedo

Sur:

662 Paz Enríquez Rodríguez (A Ladeira)

663 Francisco García López

664 Amparo Varela Gutiérrez

665 Paz Enríquez Rodríguez

851 Ramón Manuel e Francisco García López

852 Amparo Varela Gutiérrez

853 Paz Enríquez Rodríguez

854 Antonio Presas González

855 Amparo Varela Gutiérrez

856 Ramón Manuel e Francisco García López

857 Paz Enríquez Rodríguez

858 Amparo Varela Gutiérrez

859 Ramón Manuel e Francisco García López

860 Paz Enríquez Rodríguez

Monte comunal de Sanguiñedo

837 Paz Enríquez Rodríguez

838 Amparo Varela Gutiérrez

839 Antonio Presas González

840 Ramón Manuel e Francisco García López

841 Paz Enríquez Rodríguez

842 Francisco Crespo Gutiérrez

843 Ramón Manuel e Francisco García López

844 Amparo Varela Gutiérrez

845 Paz Enríquez Rodríguez

846 Amparo Varela Gutiérrez

847 Ramón Manuel e Francisco García López

848 Antonio Presas González

849 Ramón Manuel e Francisco García López

850 Antonio Presas González

Monte comunal de Sanguiñedo

Oeste:

Termo municipal de Lalín

Julio García Sánchez (prado) (veciño de Vilar-Lalín)

613 Ramón Manuel e Francisco García López

612 Antonio Presas González

611 Francisco García López

610 Amparo Varela Gutiérrez

607 Olga Vilar

606 Dorinda Enríquez Enríquez

Parcela 4.

Cabida: 1.7579 ha (superficie alegada na solicitude).

Norte:

Termo municipal de Lalín

Leste:

Pista do Navallo

Sur:

Ermesindo Presas Fernández e herdeiros de Pedro González

Oeste:

Termo municipal de Lalín

Parcela 5 (polígono 353-parcela 673) ao sur da pista.

Cabida: 6.5323 (superficie alegada na solicitude).

Norte:

92 Pista á estrada do Carballiño e montes veciñais de Seixas (Cal de Arriba).

Sur:

Pista a Sanguiñedo

652 Paz Enríquez Rodríguez (A Ladeira)

651 Antonio Presas González

650 Francisco García López

649 Rosalía Varela Cacheda

637 Amparo Varela Gutiérrez

636 Paz Enríquez Rodríguez

Parcela 5 (polígono 353-parcela 92 Y 682) ao norte da pista.

Norte:

496 Geraldino Gonzalo Lalín Vázquez (veciños do concello de Lalín)

677 Amparo Varela Gutiérrez

Leste:

Camiño a Seixas

Sur:

91 Rosalía Varela Cacheda

90 Francisco Crespo Gutiérrez

89 Francisco García López

88 Paz Enríquez Rodríguez

87 Amparo Varela Gutiérrez

86 Rosalía Varela Cacheda

Pista á estrada do Carballiño e monte comunal de Seixas.

Oeste:

634 Manuel García López

Amparo Varela Gutiérrez

487 Julio García Fernández (veciño do concello de Lalín)

488 Geraldino Gonzalo Lalín Vázquez (veciño do concello de Lalín)

489 Geraldino Gonzalo Lalín Vázquez (veciño do concello de Lalín)

490 Concordia González López (veciño do concello de Lalín)

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra é o órgano competente para coñecer dos expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 do referido texto normativo e o artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por monte veciñal en man común:

Artigo 1º

Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e as veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños.

Así pois, de acordo coa propia dicción literal deste artigo e a prolixa xurisprudencia existente na materia, o feito que determina a clasificación ou non como veciñal do monte en cuestión é a circunstancia de terse acreditado de forma sólida e fidedigna o aproveitamente consetudinario en man común pola agrupación veciñal, á marxe das cuestións relativas á titularidade dominical e demais dereitos reais.

Terceiro.-Extrapolando o concepto e as exixencias que se condensan na normativa analizada ao caso concreto, e tomando en consideración moi especialmente as observacións que se condensan no informe emitido polo Servizo de Montes e Industrias Forestais que é recibido polo Xurado de Montes con data do 9 de xuño de 2009, pódense extraer dúas conclusións fundamentais:

a) Non queda acreditado suficientemente o aproveitamento consuetudinario sobre as parcelas integrantes do monte respecto do cal se solicita a clasificación. De feito, e ben que é certo que hai evidencias de que tradicionalmente existía un aproveitamento forestal de matogueira, na actualidade e nalgunhas zonas a altura da matogueira supera o metro e medio, chegando a acadar (parcela 5) ata os 3 metros, o que evidencia o seu abandono.

Noutras parcelas (parcela 2 e 3), constátase que o Centro de Investigacion Forestal de Lourizán está a realizar queimas controladas e experimentais para facer un seguimento destas zonas, polo que non existe un aproveitamento polos propios veciños de Seixas.

b) Outro dato significativo que se recolle no referido informe é que algunha das parcelas, en concreto a parcela 1 e 3, se superpón en gran extensión con outras parcelas solicitadas pola CMVMC da Xesta e Sanguiñedo, respectivamente, polo que resulta evidente a falta de acreditación por parte dos veciños solicitantes da clasificación (Seixas) do aproveitamento das parcelas con carácter exclusivo, quedando evidenciada a conflitividade entre as citadas CMVMC sobre parcelas coincidentes.

De feito, e en relación a este extremo, merece especial atención o manifestado no escrito do 18 de decembro de 2007 en que se solicita a clasificación. Nel Vidal Lalín Vázquez, en representación dos veciños do lugar de Seixas, alega que a solicitude de clasificación do monte veciñal de Sanguiñedo non é correcta xa que invade parte do monte veciñal de Seixas, solicitando a clasificación como un mecanismo de protección dos seus intereses e dereitos, así como para actualizar o deslindamento e a propiedade.

Non obstante, débese lembrar que a clasificación dun determinado monte como veciñal en man común a prol dunha concreta CMVMC non se articula na lei como un mecanismo de blindaxe e protección preventiva fronte a pretensións doutras CMVMC, senón que a devandita clasificación única e exclusivamente procederá cando resulte evidenciado de xeito claro o aproveitamento consuetudinario polo grupo veciñal sobre as parcelas solicitadas, e este requisito non parece cumprirse en relación aos veciños de Seixas, tal e como se colixe da documentación que consta no expediente.

c) En terceiro lugar, debe tamén facerse referencia obrigada ao informe emitido con data do 18 de marzo de 2008 pola Sección de Topografía do Servizo de Montes, no cal en relación coa clasificación das parcelas solicitadas se sinala que dúas das cinco parcelas están situadas no concello veciño de Lalín, en concreto, a parcela 3, ademais de ser solicitada pola CMVMC de Sanguiñedo, sitúase en parte no concello de Lalín e superponse, ao mesmo tempo, co monte clasificado segundo resolución do Xurado Provincial de Montes de Pontevedra do 20 de febreiro de 2003, denominado «Monte Vilar» a favor dos veciños de Vilar, CMVMC de Vilar, Barreiro e Costoia. A parcela 4 está na mesma situación que a anterior.

Esta problemática tamén se recolle no escrito de alegacións presentado polo veciños solicitantes do 26 de xullo de 2008, que chegan a renunciar á clasificación da parcela 4 e parte da parcela 3.

En consecuencia, vistos os antecedentes mencionados, a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, este instrutor, en uso das facultades que ten conferida propón, e o xurado acorda por maioría dos seus membros, coa abstención do vogal X. Carlos Morgade Martínez:

A non clasificación do monte Seixas solicitado polos veciños do lugar de Seixas, concello de Dozón, por non reunir os requisitos exixidos no artigo 1 da Lei 13/1989.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 9 de xuño de 2010.

Gerardo Zugasti Enrique

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra