DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Frexulfe (O Valadouro-Lugo).

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas na concentración parcelaria da zona de Frexulfe (O Valadouro-Lugo), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 283/1997, do 1 de outubro, (DOG nº 198, do 14 de outubro de 1997):

Primeiro.-Con data do 4 de xuño de 2010, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Frexulfe (O Valadouro-Lugo), que estará exposto ao público no Concello do Valadouro e no Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo, durante o prazo de 30 días naturais, de conformidade co que determina a Lei 10/1985 de 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Segundo.-Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Para o caso de que se tivesen formulado alegacións ao proxecto, o resultado destas sería o que deriva da ficha que se achega.

Terceiro.-Contra o acordo os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural dentro do prazo de 30 días naturais contados dende o seguinte ao da notificación individual ou, no seu defecto, publicación substitutiva no departamento territorial desta consellería (edificio administrativo, rolda da Muralla nº 70, 1º baixo, Lugo) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 21 de xuño de 2010.

Ramón Carballo Páez

Xefe territorial de Lugo