DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as constitucións e modificacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación constituidas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería do Medio Rural, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, así como as modificacións que se citan.

A) Constitucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Abella Lupa, SAT nº 1400 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social nas Laxiñas nº 6-O Covelo (Pontevedra); obxecto social: fomento da produción ecolóxica de mel, envasamento e distribución, recuperación e divulgación das actividades tradicionais asociadas á apicultura; capital social: 23.186 euros; nº de socios: 4.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Finca Santaya, SAT nº 1401 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social no lugar Sobrado-Lamas-A Estrada (Pontevedra); obxecto social: produción gandeira; capital social: 375.000 euros; nº de socios: 3.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Arcicos, SAT nº 1402 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social en Ramil, nº 2-Arcillá-Cospeito (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandaría de vacún de leite; capital social: 266.456 euros; nº de socios: 4.

B) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Outeiro-Frades, SAT nº 942 XUGA, na asemblea xeral do 10 de maio de 2010, que ratifica a do 18 de xaneiro de 2010, toma os seguintes acordos:

1.-Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por Víctor Manuel Berdomás Pérez, presidente; Manuel Berdomás Tejo, secretario; Amparo María Pérez Porro e Miguel Ángel Berdomás Pérez, como vogais.

2.-Modificar o artigo 11 do seu estatuto social segundo detallan na acta da asemblea.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Cosecheros Reunidos de Soutomaior, SAT nº 866 XUGA, na asemblea xeral do 19 de maio de 2010, que ratifica a do 4 de marzo de 2010, toma o seguinte acordo:

1.-Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por Juventino Parada Cernadas, presidente; Manuel Villaverde Peón, secretario; Laura Míguez Portela e Manuel Rivera Soliño, como vogais.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Iglesias Rivas, SAT nº 1232 XUGA, na asemblea xeral do 12 de abril de 2010, toma o seguinte acordo:

1.-Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por Antonio Iglesias Rivas, presidente; María Pilar Iglesias Rivas, secretaria; José Iglesias Rivas e Arsenio Pin Rio, como vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Gandería As Rías, SAT nº 1312 XUGA, na asemblea xeral do 3 de xuño de 2010, toma os seguintes acordos:

1.-Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por José Ramón Castro Recouso, presidente; María Recouso Caamaño, secretaria; Begoña Castro Recouso e Antonio Castro Couselo, como vogais.

2.-Anular a totalidade dos acordos tomados nas asembleas que tiveron lugar os días 20 de febreiro de 2010 e 15 de abril de 2010.

3.-Aprobar a transmisión de títulos entre socios segundo detallan na acta da asemblea.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

José Álvarez Robledo

Director xeral de Produción Agropecuaria