DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 11 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2009/0260-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por este departamento territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia (paralizado o 5 de xuño de 2009), ao ter entrada no Rexistro Único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, copia do auto de arquivo ditado no procedemento 607/2008, polo accidente laboral do traballador Sabino Piñeiro Davila.

Os documentos que constan no expediente son:

-Acta de infracción.

-Xustificante de notificación (27-5-2009).

-Copia do auto xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que estimen pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2009/0260-4.

Acta nº: I362009000053114.

Empresa: Ebanistería Carpintería Celta, S.L.

NIF/DNI: B-36278851.

Enderezo: A Guía, 6 Inter. Atios-O Porriño.

Vigo, 11 de xuño de 2010.

Carmen Bianchi Valcarce

Xefa territorial de Vigo