DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia nos concellos de Gondomar, O Grove, Salvaterra de Miño, Tui e Vilagarcía de Arousa, na modalidade de concerto, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal.

c) Número de expediente: PA 39/2010.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da reserva e ocupación de setenta e seis prazas para persoas maiores en situación de dependencia, distribuídas en 5 lotes, mediante a modalidade de concerto.

b) Lugar de execución: Gondomar, O Grove, Salvaterra de Miño, Tui e Vilagarcía.

c) Prazo de execución: desde a sinatura ata o 31 de decembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: catro millóns cincocentos corenta e nove mil setecentos sete euros con trinta e dous céntimos (4.549.707,32 €) IVE incluído.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo de Xestión e Coordinación Administrativa.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50-981 54 29 91.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3.2.1 (letras g e h) do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1.-Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia no complexo administrativo de San Caetano, s/n.

2.-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14312

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2010.

Cristina Ortiz Dorda

Secretaria xeral da Consellería

de Traballo e Benestar