DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fan públicas as adxudicacións de diversos contratos administrativos.

-Expediente 39/09.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun sistema de xestión de espera para tres oficinas de emprego.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 214, luns, 2 de novembro de 2009.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: setenta mil oitocentos euros (70.800,00 €), máis once mil trescentos vinte e oito euros (11.328,00 €), en concepto de IVE, resultando un total de oitenta e dous mil cento vinte e oito euros (82.128,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 2 de xuño de 2010.

b) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincuenta e nove mil cento dezaoito euros (59.118,00 €), máis nove mil catrocentos cincuenta e oito euros con oitenta e oito céntimos de euro (9.458,88 €), en concepto de IVE, resultando un total de sesenta e oito mil cincocentos setenta e seis euros con oitenta e oito céntimos de euro (68.576,88 €).

-Expediente 49/09.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento dunha campaña de divulgación das potencialidades do cooperativismo dirixida a mocidade.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 229, luns, 23 de novembro de 2009.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto

4. Orzamento base de licitación: cento oitenta mil cento setenta e dous euros con corenta e un céntimos de euro (180.172,41 €), máis vinte e oito mil oitocentos vinte e sete euros con cincuenta e nove céntimos de euro (28.827,59 €), en concepto de IVE, resultando un total de douscentos nove mil euros (209.000,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 19 de abril de 2009.

b) Contratista: Iniciativas Audiovisuales, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento oitenta mil euros (180.000,00 €), máis vinte e oito mil oitocentos euros (28.800,00 €), en concepto de IVE, resultando un total de douscentos oito mil oitocentos euros (208.800,00 €).

-Expediente 61/09.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: obra para a reforma do local sito na rúa Eduardo Pondal, nº 64, de Pontevedra.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 221, mércores, 11 de novembro de 2009.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: trescentos trinta e sete mil douscentos oitenta e dous euros con noventa e un céntimos de euro (337.282,91 €) máis cincuenta e tres mil novecentos sesenta e cinco euros con vinte e sete céntimos de euro (53.965,27 €), en concepto de IVE, resultando un total de trescentos noventa e un mil douscentos corenta e oito euros con dezaoito céntimos de euro (391.248,18 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 19 de abril de 2010.

b) Contratista: Belypa Construcciones, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos oitenta mil euros (280.000,00 €), máis corenta e catro mil oitocentos euros (44.800,00 €), en concepto de IVE, resultando un total de trescentos vinte e catro mil oitocentos euros (324.800,00 €).

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

Cristina Ortiz Dorda

Secretaria xeral da Consellería de Traballo

e Benestar