DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo para o desenvolvemento do portal web EspazoAbalar desta consellería. (Expediente SXSI 14/10).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.

c) Número de expediente: SXSI 14/10.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do presente contrato consiste na realización do desenvolvemento dos módulos e funcionalidades do EspazoAbalar e nas tarefas necesarias para a súa posta en marcha e as correspondentes ao mantemento correctivo dos desenvolvementos en produción ata a data de finalización do contrato. CPA-2008: 62.01.11. CPV: 72240000-9.

b) Lugar de realización do servizo: nas dependencias da empresa adxudicatoria.

c) Prazo de execución: o contrato terá unha duración de catro meses.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 164.000 € (con 18% de IVE 193.520 €).

5. Garantías.

Provisional: 4.920 € (3% do importe de licitación sen IVE).

6. Clasificación.

Clasificación da empresa: grupo V, subgrupo 2 e categoría C.

7. Obtención de documentación e información.

7.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

7.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.

b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14475

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o oitavo día hábil contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 13.00 horas

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2010.

Jesús Oitavén Barcala

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria