DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello da Coruña. (Expediente IN407A 09/363).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e CC.TT. subterráneo 2A-2B dobre habitáculo.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, de 60 m de lonxitude, en condutor R.H.Z.1 (AS) de 400 mm2 Al, con orixe e final na L.M.T.S. nº 1 con orixe en subestación Grela e final en C.R. Hipercor (expediente 305/2009) pasando polos C.T. 2A e 2B tipo subterráneos.

-C.T. 2A con tres trafos de 630 kVA c/u.

-C.T. 2B con dous trafos de 630 kVA c/u.

Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de abril de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña