DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-435/09.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á titular do establecemento que se relaciona no anexo que se achega a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Caixanova recadación xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina deste departamento territorial, sita na avenida Habana nº 79, 2º, Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobraranse pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2ª da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 23 de xuño de 2010.

Luis Menor Pérez

Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-435/09.

NIF: 76728061-S.

Denunciada: Marisa Casanova Iturralde.

Enderezo: rúa Muralla 8, baixo, Verín (Ourense).

Establecemento: Tapas Bar, rúa Muralla 8, baixo, Verín (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Importe da sanción: 90 euros.