DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.492

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de xuño de 2010 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2010-2011, entre profesorado dos corpos de catedráticos e de profesorado de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticas e catedráticos e profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado de música e artes escénicas, catedráticas e catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal opositor do ano 2010, interinas, interinos, substitutas e substitutos e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 117, do martes, 22 de xuño de 2010, é necesario efectuar as seguintes modificacións:

Na páxina 11.446, anexo I, debe engadirse:

Ver referencia pdf "12900D007P036.PDF"

Na páxina 11.450, anexo VI, na materia 590116, procesos na industria alimentaria, debe engadirse a titulación de licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos.