DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.490

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2010, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1), escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 234, do 2 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o dito proceso.

En sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 2010, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de setembro de 2009 (DOG nº 79, do 11 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1), escala técnica auxiliar de informática, acordou:

Primeiro.-Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria, os aspirantes dispoñen dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, para presentar a documentación prevista nas letras a), b), c) e d) da citada base e, de ser o caso, a indicada na base IV.4 da convocatoria.

Segundo.-Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como funcionarios de carreira.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a Conselleira de Facenda, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo cos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

Luis Fernando Núñez Alonso

Presidente do tribunal

Ver referencia pdf "12900D005P034.PDF"