DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 08 de xullo de 2010 Páx. 12.490

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de xuño de 2010 pola que se fai pública a concesión dos premios sobre cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 123, do 30 de xuño de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 11.970, ANEXO, 1) modalidade de debuxo, pintura, fotografía e vídeo: categoría A, onde di: «Premio ao mellor traballo: alumnos/as de 2º ciclo de educación infantil. En Domaio xuntos celebramos a primavera. CEIP Domaio, Sobrado (A Coruña)», debe dicir: «Premio ao mellor traballo: alumnos/as de 2º ciclo de educación infantil. En Domaio xuntos celebramos a primavera. CEIP Domaio, Moaña (Pontevedra)».

Na páxina 11.971, ANEXO, 1) modalidade de debuxo, pintura, fotografía e vídeo: categoría B, onde di: «Premio ao mellor traballo: alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria. Todos xuntos facemos unha rúa mellor», debe dicir: «Premio ao mellor traballo: alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria. Todos e todas xuntos facemos unha rúa mellor».

Na páxina 11.971, ANEXO, 1) modalidade de debuxo, pintura, fotografía e vídeo: categoría B, onde di: «Accésit: alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria. Visita á cooperativa Santa María do Val», debe dicir: «Accésit: alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria. Fotografías visita cooperativa: Santa María do Val».