DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.456

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REXISTRO MERCANTIL E DE BENS MOBLES DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de decisión.

Con data do 22 de abril de 2010 ditouse neste Rexistro Mercantil resolución no expediente 42/2010, en que se declara non procedente o nomeamento de auditor de contas de Iniciativas Ventureira-Sanxenxo, S.L., para o exercicio 2009.

Contra esta resolución poderase interpor recurso ante a Dirección Xeral de Rexistros e Notariado no prazo de quince días contado desde a data da notificación da resolución. O recurso presentarase dentro do prazo indicado no rexistro correspondente, e elevarase o expediente á dirección xeral dentro dos cinco días seguintes.

Pontevedra, 10 de xuño de 2010.

Ana María López Rodríguez

Rexistradora mercantil II