DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de mellora do núcleo rural en Cimadevila.

A Xunta de Goberno aprobou inicialmente, en sesión de data 8 de xuño de 2010, o Plan especial de mellora do núcleo de Cimadevila, redactado polo arquitecto Fernando Faya Martínez, coa finalidade de reaxustar parcialmente a aliñación dunha vía municipal no lugar de Cimadevila (San Miguel de Sarandón), e de conformidade co disposto nos artigos 72.2º, 87.5º e 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública durante o prazo de vinte días contados desde a publicación deste anuncio no DOG.

Durante o mencionado prazo, o expediente tramitado poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen, de ser o caso, as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas no ámbito obxecto do estudo de detalle ata a súa aprobación definitiva.

Vedra, 11 de xuño de 2010.

Odón C. Cobas García

Alcalde