DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

EDICTO.

Antonio Otero Trigo, en representación de Ganadería Mingos, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para construción de silos trincheira e instalación de fosas de xurro que se situará no Barral (Álvare).

Cumprindo o disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Pastoriza, 28 de xuño de 2010.

Primitivo Iglesias Sierra

Alcalde