DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de licitación con procedemento aberto e multiplicidade de criterios de valoración da subministración de enerxía eléctrica para instalacións públicas deste concello.

1.-Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información: na casa do concello, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres e sábados das 10.00 ás 13.00 horas.

1) Dependencia: Secretaría do Concello de Oroso.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1, Sigüeiro.

3) Localidade e código postal: 15888, Oroso.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata tres (3) días naturais antes do remate do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2010/035.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición: subministración de enerxía eléctrica para instalacións públicas do Concello de Oroso.

c)Lugar de execución/entrega: Oroso.

1) Domicilio: Oroso.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo de execución/entrega: 1 ano desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non se prevé.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de valoración.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: véxase o artigo 13 do prego.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 181.906,19 euros. IVE: 32.743,11 euros. Importe total: 214.649,30 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva (5%) do importe da adxudicación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría). Non se exixe.

b) Solvencia económica, financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxase o artigo 12.3.1 do prego.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1, Sigüeiro.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Enderezo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

c) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: casa do Concello, praza de Isaac Díaz Pardo, 1, Sigüeiro.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

c) Data e hora: véxase o artigo 14 do prego.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ata un límite de 1.000 euros.

Oroso, 25 de xuño de 2010.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde