DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

ANUNCIO da contratación do servizo de axuda a domicilio.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerá a contratación por procedemento aberto e tramitación ordinaria do servizo de axuda a domicilio do Concello de Meis, procédese á súa publicación e á apertura do prazo de licitación:

1. Entidade adxudicataria: Concello de Meis.

2. Obxecto e orzamento: prestación do servizo de axuda a domicilio do Concello de Meis, cun orzamento anual estimado de 71.566 € sen IVE, a razón de 11,00 €/h sen IVE, partindo dun cálculo de 4.320 h para persoas valoradas como dependentes e de 2.186 h para prestación básica. Total horas: 6.506.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Garantías: definitiva do 5% prezo de adxudicación sen IVE.

6. Criterios de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa, á vista dos seguintes criterios:

1. Prezo: 50 puntos.

2. Memoria metodolóxica: 50 puntos.

7. Presentación de proposicións.

a) Prazo: 15 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio no BOP ou no DOG.

b) Lugar: rexistro xeral do Concello de Meis (avda. Cambados, 67, 36636 O Mosteiro-Meis, Pontevedra), teléfono 986 71 20 01, fax 986 71 53 00, das 9.00 ás 14.00 h de luns a sábados.

8. Apertura de ofertas: a apertura do sobre B realizarase o terceiro día hábil seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Duración: catro anos, con posibilidade de prórroga por dous anos máis.

10. Obtención dos pregos: páxina web www.meis.es

Meis, 9 de xuño de 2010.

José Luis Pérez Estévez

Alcalde