DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANTADA

ANUNCIO.

Solicitada por Patricia Arias Saa, licenza deste concello para a instalación de explotación de porcino no lugar de Moreiras, parroquia de Monte, neste municipio de Chantada, ao abeiro do establecido no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España nº 1 de Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, de ser o caso, que se efectúen as correspondentes reclamacións.

Chantada, 7 de xuño de 2010.

Manuel Anxo Taboada Rodríguez

Alcalde