DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello do Carballiño solicitou licenza municipal para a instalación dun centro de recolla de animais vagabundos ou abandonados, na Medela, deste termo municipal.

Cumprindo o disposto no artigo 8, parágrafo 3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, polo período de vinte días hábiles, co fin que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no DOG, poidan examinar o expediente, nas oficinas municipais deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

O Carballiño, 1 de xuño de 2010.

Carlos A. Montes Marqués

Alcalde