DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

XURADO DE EXPROPIACIÓN DE GALICIA

CÉDULA do 28 de maio de 2010 pola que se notifica o Acordo do 4 de febreiro de 2010, que fixa o prezo xusto do predio 73 sito en Mazaricos, relativo ao proxecto 00143. (Expediente 2008/000033).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar esta cédula a Pablo Rey Antelo o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 4 de febreiro de 2010, que fixa o prezo xusto do predio 73, sito en Mazaricos, relativo ao proxecto 00143, expediente 2008/000033, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referenciado nesta cédula está á

disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2010.

Manuel González Sarria

Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00143-Acondicionamento da AC-400 (antiga AC-403 Muros-Santa Comba). Treito: O Pino de Val-As Paxareiras (clave: AC/01/080.01.2).

Nº expediente: 2008/000033.

Persoa que se vai notificar: Pablo Rey Antelo.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiado: Pablo Rey Antelo.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio nº: 73.

Municipio: Mazaricos.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: 713,79 €.