DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

XURADO DE EXPROPIACIÓN DE GALICIA

CÉDULA do 27 de maio de 2010 pola que se notifica o Acordo do 21 de xaneiro de 2010, que fixa o prezo xusto do predio 59 sito en San Sadurniño, relativo ao proxecto 00120. (Expediente 2006/007880).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar esta cédula a José Orjales Montero o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia de 21 de xaneiro de 2010, que fixa o prezo xusto do predio nº 59, sito en San Sadurniño, relativo ao proxecto 00120, expediente 2006/007880, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referenciado nesta cédula está á

disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2010.

Manuel González Sarria

Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00120-CP-7603.1 Ampliación e mellora da CP 7603 Feira de San Sadurniño ao Coval do Pk 0,00 ao Pk 5,00 (clave 0511100010.0). Tm San Sadurniño.

Nº expediente: 2006/007880.

Persoa que se vai notificar: José Orjales Montero

Expropiante: Deputación Provincial de A Coruña.

Expropiado: José Orjales Montero.

Beneficiario: Deputación Provincial de A Coruña.

Predio nº: 59.

Municipio: San Sadurniño.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: 129,14 €.