DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2010, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, de servizos multimedia para pacientes hospitalizados no Hospital Lucus Augusti en Lugo AB-CHX1-10-016.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, 27004, Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: rúa Doutor Severo Ochoa s\n.

3) Localidade e código postal: Lugo- 27004

4) Teléfono: 982 29 65 92.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: fernando.lopez.soto@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-CHX1-10-016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: servizos multimedia para pacientes do Hospital Universitario Lucus Augusti en Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: San Cibrao, s/n.

2) Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución: dez anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é ocaso): non.

i) O CPV (referencia de nomenclatura): 72315000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o punto 6.5. do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importes: canon mínimo/anual 500 €, IVE (%): non está suxeito.

5. Garantías exixidas: provisoria (importe): non.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo y categoría): non.

b) Solvencia económica e financieira e solvencia técnica e profesional, se é o caso:

1) Solvencia económica e financeira: véxase o punto 5.3.1.f) do prego de CAP.

2) Solvencia técnica e/ou profesional: véxase o punto 5.3.1.g) do prego de CAP.

c) Outros requisitos específicos: véxase os pregos.

d) Contratos reservados: non

7. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as catorce horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación no DOG.

b) Modalidade de presentación: a sinalada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral. Edificio administrativo, planta baixa.

2. Enderezo: rúa Doutor Severo Ochoa, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27004.

4. Enderezo electrónico:

aurea.vazquez.gonzalez@sergas.es

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o dito prazo prorogarase ata o primerio día hábil seguinte.

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a sua oferta: 2 meses

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Complexo Hospitalario Xeral-Calde (sala de xuntas, 1ª planta. Edificio administrativo). Rúa Doutor Severo Ochoa s/n.

b) Localidade e código postal: Lugo 27004.

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante: 10.00 horas.

9. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

10. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 22 de xuño de 2010.

Francisco J. Vilanova Fraga

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo