DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da adquisición dun equipamento automático para a xenotipaxe de bacterias e fungos AB-CON1-10-020.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703, Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-10-020.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición dun equipamento automático para a xenotipaxe de bacterias e fungos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous meses desde a formalización do contrato.

e) CPV(referencia de nomenclatura): 38430000-8.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto Ponderación

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Prezo 60%

Outras melloras 40%

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 32.500 euros. IVE: 7%. Importe total 34.775 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5% do importe da adxudicación excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: véxase os números 16 e 17 da folla de especificacións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida no número 19 da folla de especificacións, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703, Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións, para a adxudicación provisional.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primero día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2010.

Pablo Torres Arrojo

Director de Recursos Económicos