DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación polo Servizo Galego de Saúde da elaboración da versión 2.0 da aplicación informática (XECEAS WEB) e mantemento adaptativo e evolutivo da dita aplicación en toda a rede de drogodependencias de Galicia AB-SER1-10-024.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 2 de agosto de 2010.

d) Número de expediente: AB-SER1-10-024.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: elaboración da versión 2.0 da aplicación informática (XECEAS WEB) e mantemento adaptativo e evolutivo da dita aplicación en toda a rede de drogodependencias de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: tres anos desde a súa formalización, prevista para o 1 de outubro de 2010.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72243000-0.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é caso:

Ver referencia pdf "12800D037P091.PDF"

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 421.419,58 euros. IVE 16%. Importe total: 488.846,72 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: véxase a cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 2 de agosto de 2010.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións, para a adxudicación provisional.

8. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal:15703-Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de xuño de 2010.

11. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

Pablo Torres Arrojo

Director de Recursos Económicos