DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 22 de xuño de 2010 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 12-04-10-01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á denunciada, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e, en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro de 2008. O prazo para a interposición do dito recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectivo en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS, Caixa Galicia e Caixanova), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2010.

José Ignacio Villar García

Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente: Sanc. 12-04-10-01.

Matrícula: 5933BSF.

Denunciante: celador do porto.

Denunciado: Quartz Surgaces Croup, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ Montserrat, 4, 15009 A Coruña.

Feito denunciado: estacionamento prohibido.

Data-hora-porto: 14-7-2009; 16.00 horas; Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: art. 114.1º a) da Lei 27/1992. Arts. 17 e 64 da O.M. 12-6-1976.

Precepto sancionador: art. 120 da Lei 27/1992.

Sanción proposta: 90,15 €.