DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 17 de xuño de 2010 pola que se notifica a orde de suspensión de obras sen autorización urbanística autonómica no expediente IU3/34/2010, devolta polo servizo de correos por resultar o seu enderezo descoñecido.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 29 de marzo de 2010, resolución pola que se ordena a suspensión das obras que se executan en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, na parcela 23 do polígono 77, no lugar de Buxibán, na parroquia de Codesido, no termo municipal de Vilalba.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución a Enrique Silva Jorge, en calidade de director de obra, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderá interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra terceira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010.

María Martínez Allegue

Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística