DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 17 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0177-2009 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural sita na Praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos 3º andar, ala sur (A Coruña), en horario das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 17 de xuño de 2010.

Enrique Luís de Salvador Sánchez

Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0177-2009 BIO.

Denunciada: Mª Celia Rey Souto.

Acto de notificación: resolución.