DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

EDICTO do 3 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas neste departamento territorial.

No uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (RXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publicase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido das resolucións, contra as que poderá interpoñerse recurso de alzada perante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do RXAP-PAC. No mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior e de acordo co refirido no artigo 61 da Lei de RXAP-PAC, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados no Departamento Territorial de Traballo e Benestar de Vigo (rúa Concepción Areal, nº 8-1ª), para os efectos

do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Vigo, 3 de xuño de 2010.

Mª Carmen Bianchi Valcarce

Xefa territorial de Vigo

Ver referencia pdf "12800D033P089.PDF"