DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 9 de xuño de 2010 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro das axudas ao programa para a promoción do emprego autónomo reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008.

Con data do 6 de maio de 2010, o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña ditou a resolución pola que se acorda o inicio do procedemento de reintegro da axuda concedida á empresa Jenny Marcela Cano Narvaez con número de expediente TR 341D 2009/2942-1.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que consideren pertinente ante este departamento territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do Servizo de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Traballo da Coruña, sitas en Fernández Latorre, 132-1º na Coruña, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de xuño de 2010.

Luís Alberto Álvarez Freijido

Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 341D 2009/2942-1.

Nome ou razón social: Jenny Marcela Cano Narvaez.

DNI/NIF: X6164202H.

Último enderezo coñecido: r/ Simón Bolivar, 67, 6º B. 15002 A Coruña.

Feito imputado: non manter a actividade que fundamenta a súa concesión durante un tempo mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: o artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: acordo do inicio do procedemento de reintegro.