DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2010 pola que se anuncia a licitación, polo trámite urxente e procedemento aberto multicriterio para a adxudicación do contrato non harmonizado da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento do centro de día de Alzheimer de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral-Servizo de Contratación e Obras.

b) Número de expediente: 47/2010.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento do centro de día de Alzhéimer de Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) División por lotes: si, 2 lotes.

d) Prazo de execución: lote 1: 30 días, lote 2: 30 días.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oitenta e nove mil novecentos sesenta e un euros con oitenta e dous céntimos (89.961,82 euros), IVE incluído. Importe total (IVE incluído): lote 1: 69.760,14 euros. Importe total (IVE incluído): lote 2: 20.201,68 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si, 5% do importe de adxudicación, (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14444

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

-Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

-Información de índole técnica: lote 1: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas), lote 2: 981 54 69 85 (Juan Víctor Rodríguez Arós).

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: sen clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de Rexistro Único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a sábado en horario de 9.00 a 14.00 horas.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o sétimo día hábil (7) seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que for sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, o duodécimo día hábil (12) seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) No perfil do contratante:

(http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14444) publicarase o lugar e hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2010.

P.D. (Artigo 1 da Orde 19-8-2009)

Cristina Ortiz Dorda

Secretaria xeral da Consellería de Traballo

e Benestar