DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2010 pola que se anuncia a licitación do contrato harmonizado, por procedemento aberto e trámite ordinario, da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento da residencia de maiores da Fundación José Otero-Carmela Martínez en Santiago de Compostela (A Coruña), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral-Servizo de Contratación e Obras.

c) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo ao perfil de contratante:

http//:www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14356

e) Número de expediente: 38/2010.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento da residencia de maiores da Fundación José Otero-Carmela Martínez en Santiago de Compostela (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

CPV: (referencia de nomenclatura):

-Lote 1: 44510000-8, 39150000-8, 39144000-3, 33190000-8, 39712200-8, 39512000-4, 39518000-6, 39221000-7, 39221100-8.

-Lote 2: 33000000-0, 33192000-2.

-Lote 3: 32300000-6, 32551200-2, 30200000-1, 30213100-6.

b) División por lotes e número: si, 3 lotes.

Lote 1: equipamento xeral (inclúe subministración de mobiliario para as dependencias do centro, lenzaría e enxoval). Lote 2: equipamento sociosanitario. Lote 3: equipamento audiovisual, informático e telefónico.

c) Lugar de entrega e instalación: residencia de maiores da Fundación José Otero-Carmela Martínez, situada na rúa Escultor Camilo Otero, 15702 Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: 45 días.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 492.226,50 €. IVE (4%, 7% e 16%): 63.708,50 €, importe total: 555.935,00 €.

Lote 1: Valor estimado: 414.736,72 €. IVE (4%, 7% e 16%): 54.331,47 €. Total: 469.068,19 €.

Lote 2: Valor estimado: 38.593,25 €. IVE (7% e 16%): 3.153,59 €. Total: 41.746,84 €.

Lote 3: Valor estimado: 38.896,53 €. IVE (16%): 6.223,44 €. Total: 45.119,97 €.

5. Garantías.

Definitiva: si, 5% do importe de adxudicación, (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: véxase punto 5.3º do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14356

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

-Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

-Información de índole técnica, lote 1 e lote 2: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

-Información de índole técnica, lote 3: 981 54 69 85 (Juan Víctor Rodríguez Arós).

e) Telefax: información de índole administrativa: 981 54 56 85 . Información índole técnica: 981 54 73 90.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas: 9-8-2010.

8) Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 9-8-2010.

b) Documentación que se presentará: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, e deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a sábado das 9.00 ás 14.00 horas.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificarase a data de imposición do envío e anunciarase á Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela. (A Coruña).

d) Data: apertura da documentación do sobre B: 19 de agosto de 2010, ás 10.00 horas. Apertura da documentación do sobre C: 27 de agosto de 2010, ás 10.00 horas.

e) No perfil do contratante

(http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14356) publicarase o lugar e hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 18-6-2010.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2010.

P.D. (Artigo 1 da Orde 19-8-2009)

Cristina Ortiz Dorda

Secretaria xeral da Consellería de Traballo

e Benestar