DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 2010/288, 2010/289 e 2010/290.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por este departamento territorial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución neste Departamento Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 2010/288.

Acta inf. nº: I152010000032139.

Empresa: Phoneland Meflur S.L.

NIF: B22289748.

Enderezo: praza Hospital, 2, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Materia: obstrución.

Resumo da acta de infracción: falta de comparecencia nas oficinas da Inspección de Traballo, despois da correspondente citación.

Normativa infrinxida: artigos 5 e 7 da Lei 42/1997, do 14 de novembro e Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Tipificación: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Falta grave en grao mínimo.

Proposta de sanción: 1.250 euros.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

Expediente nº: 2010/289.

Acta inf. nº: I152010000035573.

Empresa: Bath Line Coruña S.L.

NIF: B70087739.

Enderezo: avenida Miguel González Garcés, 2, 4º 15174 Culleredo.

Materia: obstrución.

Resumo da acta de infracción: falta de comparecencia nas oficinas da Inspección de Traballo, despois da correspondente citación.

Normativa infrinxida: artigos 5 e 7 da Lei 42/1997, do 14 de novembro e Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Tipificación: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Falta grave en grao medio.

Proposta de sanción: 1.252 euros.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

Expediente nº: 2010/290.

Acta inf. nº: I152010000049822.

Empresa: Facemos Tellados de Madeira S.L.

NIF: B70018122.

Enderezo: avenida xeneral Sanjurjo 290, 11ºC,15006 A Coruña.

Materia: traballo.

Resumo da acta de infracción: falta de ocupación efectiva dos seus traballadores.

Normativa infrinxida: artigo 4.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo e artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Tipificación: artigo 7.10º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Falta grave en grao mínimo.

Proposta de sanción: 626 euros.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 9 de xuño de 2010.

Luis Alberto Álvarez Freijido

Xefe territorial da Coruña