DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución das instalación eléctrica no concello de Vimianzo. (Expediente IN407A 10/75-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Concello de Vimianzo.

Domicilio social: praza do Concello, 6, 15129 Vimianzo.

Denominación: C.T. e L.M.T.S. para EDAR en Vimianzo.

Situación: concello de Vimianzo.

Características técnicas: liña de media tensión subterranea a 20 kV, de 425 m de lonxitude, en condutor R.H.Z.1. OL 12/20 kV 3*(1×95) mm2 Al, con orixe en paso aero-soterrado do novo apoio que se instalará entre os apoios nº 7 e 9 da L.M.T. Casais-Pasarela (expediente 51500) da empresa distribuidora Electra del Gayoso, S.L., e final no centro de transformación soterrado de 160 kVA de potencia, destinado a dar subministración a estación depuradora de augas residuais de Vimianzo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 29 de xuño de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña