DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 07 de xullo de 2010 Páx. 12.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Foz. (Expediente IN407A 09/22-2, 7465 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002, Lugo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Miramar e R.B.T.S. para edificio Miramar na rúa Corporacións Municipais.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

L.M.T.S. a 20 kV, consistente en anelar o C.T. proxectado Miramar, entre o C.T. Mirador e o C.T. Casas Sindicais, cunha lonxitude de 265 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240 e R.H.Z.-150.

C.T. Miramar en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V.

R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado Miramar e final na C.X.P. do edificio que se electrificará, en condutor tipo R.V.-240, cunha lonxitude total de 40 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 9 de xuño de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo